O noso estudo baséase na calidade e a proximidade co trato co cliente.
Estamos en consonancia co SlowDesign, un concepto que valora o resultado óptimo dos deseños e a satisfacción do usuario e cliente, valorando factores ambientais, ecoloxistas ou sociais para que o deseño chegue a todo o mundo.
Ofrecemos un estudo das necesidades, desenvolvemento do deseño máis axeitado ás necesidades e orzamentos, cunha dirección e xestión integral da obra como nexo de unión do cliente con todos os gremios do oficio.
Apaixoado da construción con madeira e o deseño de interiores. Nosos proxectos téntan manter a sinxeleza e a lóxica construtiva para uns bos resultados. É fundamental a importancia do deseño e non as modas para mellorar os espazos, á fin e ao cabo as protagonistas do deseño son as persoas.
Colaborador en distintos ambitos para proxectos de rehabilitación, reforma, obra nova e recuperación de patrimonio. Defensor da madeira como material ideal e tradicional da arquitectura. Impórta a sustentabilidade, o deseño bioclimático e a bioconstrucción ou o uso de materiais non contaminantes, así como o carácter social e colectivo da arquitectura. Traballamos na percepción do espazo interior, como conseguir que os espazos sexan realmente habitables física e psicoloxicamente.
Desenvolvemos un deseño atemporal, contemporaneo, sinxelo e que concorde co cleinte. Tamén traballamos a recuperación e rehabilitación de edificios, tanto históricos como degradados ou infrautilizados. A outra escala, apostamos polo paisaxismo e urbanismo máis respectuoso co medio e a ordenación e integración coherente co lugar.
A nosa aposta é pola arquitectura sostible, a construción natural. Encántannos os materiais tradicionais reinventados co deseño e a tecnoloxía máis actual como a madeira e as súas infinitas posibilidades. Traballamos para reformar e adaptar os espazos existentes, optimizar os interiores e xerar novas posibilidades.
Diferenciámonos por un deseño tranquilo, sinxelo pero efectivo, valorando a materia prima coa que se constrúe e a súa relacción coa contorna.
Denís Gándara, está especializado en enxeñería e deseño da madeira estructual na USC e en arquitectura e deseño de interiores na USAL.
Servicios prestados:
Ampliaciones de casas, Anexos de casas, Bioconstrucción, Construcción de casas, Construcción de casas pequeñas, Construcción de garajes, Diseño arquitectónico, Diseño de bodegas para casas, Diseño de casas para personas con necesidades espe, Diseño de edificios, Diseño de espacios, Diseño de interiores, Diseño y construcción de casas de invitados, Diseño y construcción de casas de la piscina, Diseño y construcción de despachos, Diseño y construcción de porches, Gestión de proyectos, Obra nueva, Passive houses, Planos para casas, Reformas, Reformas de buhardillas, Reformas de sótanos, Reformas integrales, Rehabilitaciones energéticamente eficientes, Restauración de buhardillas, Restauración de casas, 3D Rendering, Architectural Design, Architectural Drawings, Attic Restoration, Balcony Design & Construction, Barn Design & Construction, Basement Design, Basement Remodeling, Bathroom Design, Bathroom Remodeling, Bedroom Design, Building Design, Custom Homes, Custom Playhouses, Custom Treehouses, Deck Building, Deck Design, Dining Room Design, Energy-Efficient Homes, Floor Plans, Foundation Construction, Garage Building, Green Building
Zonas de trabajo
Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo, Asturias, León, Zamora, Portugal
Información profesional:
Arquitecto autónomo profesional adscrito ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia COAG. Con interese en todo o relacionado coa madeira como material e no deseño e arquitectura de Interiores.